Nós,
Tamén queremos chegar Máis
Alá
coa Lingua Galega.
Dicía o escritor Manuel Antonio no
seu manifesto Mais Alá : “Agora
cómprevos dicir, mozos da nosa Terra, se pensades seguir indo costa abaixo polo tempo ou
encarados co porvir”
Este é o blog do Equipo de Dinamización do IES Saturnino
Montojo (curso 2012-2013), un vehículo máis para proseguirmos na nosa viaxe Máis Alá coa Lingua Galega, viaxe que facemos cada día na aula, no recreo, nos corredores, nas actividades
complementarias...
Para esta andaina contamos coa complicidade e axuda da
Dirección, dos departamentos didácticos, e de moitos
alumnos e alumnas, profesores e persoal non docente.
Cando os ventos non nos son favorables nesta tarefa, empregamos, como dicía Einsten, unha forza motriz máis poderosa que o vapor, a electricidade e a enerxía atómica: A VONTADE. A vontade de recuperar o galego é a nosa ITACA, chegar a ela é
o noso destino e combatemos aos Cíclopes e lestrigóns coa forza que nos dá a historia, a tradición, a lei e a xustiza.